XII Encontro de Conservación e Restauración. Museos sostibles?

23 e 24 de novembro de 2023 no Edificio Castelao. Máis información e inscricións en https://encontrorestauracion.depo.gal.

Edificio Castelao

Gratuíta

Limitadas

A sostibilidade é un tema de debate recorrente nos museos nestes tempos. Por iso o Encontro de Conservación e Restauración, pon este ano o foco en como desenvolver prácticas de xestión, museografía e restauración respectuosas co medio ambiente. Reunirá en Pontevedra a persoas expertas de museos, institucións e entidades privadas de Noruega, Países Baixos, Portugal e España.

Durante dous días, desenvolveranse once conferencias e tres coloquios arredor do tema ‘Museos sostibles? Xestión, museografía e restauración’. Organizaranse en tres sesións: o xoves á mañá, falarase do estado da cuestión da sostibilidade nos museos; o xoves á tarde as intervencións xirarán arredor das prácticas museográficas sostibles; e o venres pola mañá pecharase o encontro falando das metodoloxías verdes aplicadas á conservación e á restauración.

A inscrición é gratuíta e pode facerse ata o 20 de novembro a través da web https://encontrorestauracion.depo.gal. As prazas son limitadas. O encontro está orientado a profesionais de museoloxía e está aberto a estudantes de disciplinas relacionadas co tema do encontro, como conservación e restauración, historia, ou historia da arte. Ten carácter presencial, aínda que as intervencións serán rexistradas en vídeo e posteriormente postas a disposición do público.  

Consulta o programa completo no sitio web do encontro.

Galerías de imaxes