Visitas guiadas á exposición permanente

Do 15 de xuño ao 15 de setembro, de martes a sábado ás 12:00 h e os mércores ás 12:00 e ás 18:00 h

Na visita, de unha hora de duración, faise unha pequena introdución ao Museo e aos edificios que se van visitar. A continuación realízase un percorrido centrado principalmente na arte galega, que se detén nalgunhas das pezas máis significativas da colección: o Tesouro de Caldas e os fondos arqueolóxicos; o Retablo de Belvís e a arte sacra; a Xeración Doente con mención especial a Jenaro Carrero e Ovidio Murguía; Sotomayor, Lloréns e a pintura rexionalista; e a obra e a figura de Castelao.