Recital poético arredor de José Freixanes
Venres 25 de setembro de 2026, ás 19:00 h, no Edificio Castelao
Con motivo da exposición José Freixanes, eternos son os soños. Obra pictórica 2006-2025, o Museo de Pontevedra organiza un recital poético a cargo de Alberto Avendaño.
Este autor naceu en Vigo en 1957 e ten unha longa e contrastada traxectoria como xornalista, xa que traballou en diferentes medios de Galicia e de España e, desde 1991, en Estados Unidos. Como escritor, formou parte do grupo Rompente e en galego creou narrativa, teatro, literatura infanto-xuvenil e poesía, ademais de traducir á nosa lingua textos de Roal Dahl e Edgar Alan Poe, entre outros.
En 2023 publicou xunto a José Freixanes o libro Bueno carallo bueno, no que dialogan a poesía dun e a pintura do outro.
