Obradoiro de Bordado Botánico: unha Paisaxe Inspirada en Castelao

Para público adulto, durante os meses de marzo, abril e maio

Prazas esgotadas
bordado

O obradoiro terá lugar no Edificio Castelao e desenvolverase en catro quendas de catro sesións, en horario de 18:00 a 19:30 h, distribuídas deste xeito:

  • Grupo 1: os martes 11, 18 e 25 de marzo e 1 de abril
  • Grupo 2: os venres 14, 21 e 28 de marzo e 4 de abril
  • Grupo 3: os martes 8, 22 e 29 de abril e 6 de maio
  • Grupo 4: os venres 11 e 25 de abril e 2 e 9 de maio

A inscrición é gratuíta e está aberta a partir do xoves 6 de marzo, ás 10:00 h - Prazas esgotadas

O alumnado ten que levar o seu propio material:

  • Un bastidor de bordado de 20 cm de diámetro
  • Unha agulla de bordado do número 11 co ollo ancho
  • Unha agulla de coser
  • Medio metro de lona fina de algodón en cor natural ou branca (segundo a preferencia)
  • Un fío de coser de calquera cor
  • Unha variedade de fíos de bordado mouliné (aproximadamente 10 cores). Poden ser de calquera marca, pero a profesora recomenda Anchor ou DMC. As cores específicas definiranse durante o obradoiro.

Esta actividade trata do bordado como técnica pictórica, na que o fío e a agulla se empregan como ferramentas para transformar unha ilustración 2D noutra con volume e texturas, utilizando como base o téxtil. Centrarase no bordado botánico, coa recreación de árbores, flores e herbas, e tomarase como referencia a natureza presente nas pinturas de Castelao.

A artista téxtil mexicana Maritza Berttolini será a docente, que traballa con diferentes técnicas téxtiles coma bordado, tapiz, colaxe e debuxos a máquina de coser. Berttolini crea con técnicas tradicionais traducíndoas ao contemporáneo e traballa meticulosamente o tecido a man para facer cada peza única. Conta cunha longa experiencia como formadora con numerosos obradoiros impartidos en México, Madrid, Pontevedra e outras cidades.