Certame de artes plásticas Novos Valores 2022

Datas: 07/07/2022 - 11/09/2022
Localización: Edificio Sarmiento

As obras gañadoras e as outras 13 seleccionadas poden coñecerse na exposición aberta desde o 7 de xullo ata o 11 de setembro no Edificio Sarmiento.

O certame de artes plásticas Novos Valores pretende ser un recoñecemento da Deputación de Pontevedra, a través deste museo, a destacadas obras orixinais e inéditas realizadas por artistas noveis nas modalidades de pintura, escultura, debuxo, deseño, gravado, fotografía, cerámica e vídeo creación, entre outras.

Os premios consisten na adxudicación, entre as obras seleccionadas, de catro bolsas, cada unha por un importe de 7.500 euros brutos destinados a que as autoras e autores amplíen os seus estudos artísticos.

Eva Pena Fandiño con ‘Herdanza de mulleres’, Borja Santomé Rodríguez con ‘Sabor amargo’, Teresa Búa Sambad con ‘Persoa Ola (Maternidade 2), e Julia Gil Ordóñez con ‘A Ponte do Alén’ veñen de gañar as catro bolsas de ‘Novos Valores’ do Museo de Pontevedra logo da reunión do xurado ao ser consideradas como as mellores creadoras da edición 2022.

A decisión de seleccionar as catro obras veu dada pola práctica unanimidade do xurado e supón unha selección equilibrada de técnicas: unha cerámica, unha animación, unha instalación e unha pintura ao óleo. As pezas abordan temáticas tradicionais e de vixente actualidade e debate, como a representación do ambiente ‘máxico’ de Galicia, o cuestionamento da idea da vivenda e o territorio dende un punto de vista feminista, a rápida transformación do mundo actual, ou o autocoñecemento das mulleres e o paradigma produtivista e patriarcal da sociedade.

Bases (BOPPO 02/05/2022)

Acta do certame de artes plásticas Novos Valores 2022

Acta da segunda reunión do certame de artes plásticas Novos Valores 2022

Eva Fandiño
Familia Teresa Bua
Inauguración Novos Valores
Julia Gil
v