Camiños

O Camiño e as Artes
Datas: 22/01/2022 - 21/03/2022
Localización: Edificio Sarmiento

 A exposición Camiños. O Camiño e as Artes, comisariada por Celestino Lores, poderá visitarse no edificio Sarmiento ata o 21 de marzo. Trátase da décimoprimeira edición desta mostra, só anulada pola pandemia en 2021, e nesta ocasión exhibiranse obras de representantes da pintura luso-galaica como Agustín Pousseu, Álex Vázquez, Amelia Palacios, Ana Corzo, Antón Sobral, Carmen Hermo, Eduardo Dios, José María Barreiro, Kuqui Pazos, Luz Lafuente, Mario Rocha, Puri del Palacio, Xaime Falcón, Gerhard Mader, ou Rafael Úbeda, pintor e músico. Tamén haberá unha parte de escultura a cargo de Enrique Velasco Viéitez, Francisco Pazos, Paulo Neves, e Suso Balado; outro apartado de artesanía no que poderán verse pezas anónimas de Barcelos (Portugal), da zoqueira Elena Ferro ou do artesá Joaquim Esteves.

A creación musical terá o seu espazo con iniciativas da cantante Begoña Lorenzo, o luthier César Loureiro Sobral, o músico Edelmiro Luis Mateo García, a vocalista Noelia Solleiro, e tamén da danza a través de Glau Fonseca. A escrita será outra das artes incluídas na mostra, a cargo da escritora e docente Carmen Quinteiro, a poeta e artista Minerva e o escritor Xaime Toxo. Seguirá outro apartado visual cos fotógrafos Aquilino Valiño, Enrique Ruis, e Xulio Gil, acompañados polo tamén fotógrafo e blogueiro Xoán Arco da Vella.

Exposición Camiños
Exposición Camiños
Exposición Camiños
Exposición Camiños
Exposición Camiños