A porta pechada 18: Sepulcro de Suero Gómez de Soutomaior

09/11/2020

Durante a época de restricións debidas á pandemia da Covid-19, o Museo de Pontevedra elaborou unha serie de vídeos nos que o persoal desta institución explica obras ou coleccións expostas no Edificio Castelao e no Edificio Sarmiento.

Nesta visita, Helena Rodríguez Villar, do departamento de Educación, comenta o sepulcro do mariscal Suero Gómez de Soutomaior, orixinalmente situado na igrexa do convento de San Domingos e actualmente no Edificio Castelao.

Helena Rodríguez Villar