Concerto: Poesíacordes, de Francisco Castro e Valerio Araújo

Martes 30 de xuño de 2026, ás 19:00 h, no Edificio Castelao

Concerto: Poesíacordes, de Francisco Castro e Valerio Araújo

Concerto literario e musical no que o escritor e músico Francisco Castro, acompañado por Valerio Araújo na percusión, realiza un percorrido apaixonante pola mellor poesía galega musicada desde os anos sesenta ata a actualidade. O espectáculo combina música en directo, divulgación cultural e participación do público nun formato dinámico, emocionante e próximo.

Ao longo do concerto, o público poderá escoitar versións renovadas e reinterpretadas de poemas e cancións baseadas na obra de autores fundamentais da literatura galega coma Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro, Manuel Curros Enríquez, Manuel María, Castelao, Uxío Novoneyra ou María do Carmo Kruckenberg, entre outras. Tamén sonarán composicións propias de Francisco Castro incluídas nos seus discos Agora é tempo e Cantos de amor e revolución.