Momentos da Cultura Galega: Castelao en Buenos Aires
Mércores 5 de novembro de 2025, ás 18 h, no Edificio Castelao
Xornada organizada pola Sección de Historia da Real Academia Galega, coa colaboración da Deputación de Pontevedra e do Museo de Pontevedra.
Programa:
- Henrique Monteagudo: “De Sempre en Galiza a Alba de gloria”
- Ángeles Tilve: “As cruces de pedra na Galiza: o cumio do Castelao investigador no exilio”
- Xosé Manoel Núñez Seixas: “Castelao e a construción da ‘Galiza ideal’ no exilio (1940-1950)”
- Proxección de Castelao en Buenos Aires (Filmoteca de Galicia)
- Coordina e modera: Ramón Villares
