Ein deutscher Liederabend, unha tarde de lieder alemáns

Mércores 26 de xuño, ás 19:00 h, no Edificio Castelao

Paisaxe con río e castelo

‘Paisaxe con río e castelo’. Pintura sobre táboa, s. XIX. José Elbo (1804-1844)

Ralf Glasz (tenor) e Rasa Biveiniene Jakutyte (piano) interpretan unha serie de lieder alemáns do século xix compostos por Beethoven e Schubert:

  • An die ferne Geliebte, opus 98, de Ludwig van Beethoven
  • Impromptu, en si bemol maior, opus 142, núm. 3, de Franz Schubert
  • An die schöne Müllerin, opus 25, de Franz Schubert

Ralf Glasz comezou a tocar o piano con tan só catro anos e aos 15 debutou na ópera. A súa carreira artística desenvolveuse en Alemaña, Londres e España, e actuou tamén en Suecia, Cimbabue e Sudáfrica, entre outros países. Participou en numerosas óperas, musicais e concertos, ademais de actuar en producións televisivas e de radio. Así mesmo, desenvolveu unha longa traxectoria docente como profesor de voz. Compaxina a música coa súa outra paixón: a pintura.

Rasa Biveiniene Jakutyte é pianista, profesora e membro de varias agrupacións de música de cámara. Formouse en Lituania e actuou como solista e con grupos de cámara en salas de Lituania, Polonia, Grecia, Francia, Rusia, Italia ou Holanda, entre outros países. Desde o ano 2000 reside en España, onde desenvolve a súa actividade concertista e tamén en Portugal.