Día dos Museos: visita guiada sobre museo e benestar

Venres 19 de maio, ás 18 h, no Edifico Castelao

O Museo de Pontevedra celebra o Día Internacional dos Museos, cunha programación arredor do tema deste ano: ‘Museos, sostibilidade e benestar’.

O venres 19 ás 18 h organiza unha visita guiada na que o equipo de Educación do Museo propón unha nova mirada sobre a colección permanente para amosar como se reflicten as preocupacións pola sostibilidade e como contribúen ao benestar da sociedade.