Congreso Nacional de Numismática

Do 12 ao 14 de setembro no Edificio Castelao

Congreso Nacional de Numismática

O Museo de Pontevedra organiza, co apoio da Sociedade Iberoamericana de Estudos Numismáticos (SIAEN), o XVII Congreso Nacional de Numismática. Celebrarase os días 12, 13 e 14 de setembro en Pontevedra, baixo o lema ‘Numismática, que e para que? Xeración e transferencia de coñecemento’. Está prevista a asistencia de arredor de 200 persoas expertas na materia procedentes de toda España e doutras latitudes.

Máis información, programa e formulario de inscrición en https://museo.depo.gal/congreso-nacional-de-numismatica