A Deputación dá inicio á intervención para a retirada de plantas das ábsidas das Ruínas de San Domingos
Este luns montáronse os andamios e está previsto que os traballos, salvo imprevistos, estean rematados esta mesma semana
08/07/2024
A Deputación de Pontevedra acaba de instalar os andamios para executar a actuación de retirada de plantas das ábsidas das Ruínas de San Domingos. Está previsto que os traballos, salvo imprevistos, estean rematados esta mesma semana e permitan erradicar as plantas superiores que se atopan no recinto e supoñen un risco para a integridade do ben. A actuación completarase coa eliminación da sucidade superficial do recinto e coa colocación de morteiro onde se retiren os elementos vexetais.
En liñas xerais as plantas das ábsidas, repisas de cimacios e arranques de bóvedas eliminarase realizando tesoiras de poda, escalpelos, bisturís e paos de hisopo de diferente groso, acentuando o coidado nas zonas máis sensibles como arestas vivas ou desplacamentos, co fin de extraer as raíces e terra das xuntas.
Ademais, trala retirada das plantas, taparanse os ocos e selaranse as xuntas onde estaban asentadas con morteiro de cal hidráulica entoada con pigmentos inorgánicos. Tamén se aproveitará a intervención para eliminar a sucidade superficial, con limpeza en seco.