Concerto: Mireya Dieste ao piano
Venres 10 de marzo ás 19.00 h. Piano: Goretti Domínguez. Narración e guión: José Luis do Pico Orjais
Concerto de piano con narrador e imaxes proxectadas no que se vai contando a historia de Mireya Dieste, pianista galega moi destacada que faleceu en 2015 aos 99 anos.
Mireya Dieste era filla de Eduardo, un dos irmáns maiores de Rafael Dieste. O concerto fai un recorrido pola vida musical na familia Dieste. O historiador musical José Luis do Pico Orjais vai narrando a historia entre as pezas musicais, dende os primeiros estudos de Mireya (soa un movemento dunha sonata de Beethoven), a relación familiar con Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón, amigo da familia Baltar e arquitecto que deseñou o Pazo de Tanxil (soan tres dos seus preludios para piano) e a admiración pola figura de J. S. Bach (soa unha peza para piano do compositor).
Por último interpretase a obra ‘Recuerdos de mi rincón. Op.14’ de Turina. Trátase dunha "traxedia cómica" composta para piano máis narración onde se representa unha tertulia de café con diferentes personaxes.
Programa
Il movimento da Sonata Patética Op. 13. Ludwig van Beethoven
Preludios nº 2, 3 e 7. Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón
Shace können sicher weiden da Cantata BMW 208. Johann Sebastian Bach. Arranxos de Egon Petri
Recuerdos de mi rincón. Op 14. Joaquín Turina
