A relixiosidade popular en Galicia: sinal de identidade cultural
Mércores 25 de setembro, de 9:30 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h, no Edificio Castelao
Desde a súa fundación en decembro de 1927, o Museo de Pontevedra vén prestando atención a todo o relacionado coa etnografía e coa antropoloxía cultural, incluídas as diversas manifestacións inmateriais, tamén as de relixiosidade popular. Neste 2024, o Museo vén de publicar o exhaustivo estudo Los exvotos en Galicia. Su significación en la religiosidad popular, de José Fuentes Alende, e programou a exposición ‘A era das fábulas. A arte e o poder rexenerador da fantasía’, na que estas crenzas e os elementos materiais a elas asociadas ocupan un lugar destacado.
Isto levou ao Museo a organizar este seminario, no que destacados especialistas abordarán diversos aspectos do comportamento e do sentir relixioso do pobo galego desde o pasado ata o día de hoxe. Poñerase sobre a mesa a situación actual de prácticas relixiosas que en moitos casos contan coa oposición de autoridades eclesiásticas, son criticadas por investigadores e ridiculizadas por medios de comunicación, a pesar de que son manifestacións recoñecidas e protexidas pola lexislación vixente.
Dirixe: José Fuentes Alende.
O acceso ao seminario é libre. Entregaráselles un certificado de asistencia ás persoas que se inscriban ata o 24 de setembro en reservas.museo@depo.gal.
PROGRAMA
Sesión de mañá (9:30 a 14:00 h)
9:30 h - Presentación do seminario
Mº de los Ángeles Tilve Jar, directora do Museo de Pontevedra
José Fuentes Alende, director do seminario
9:45 h - As ordes relixiosas na conformación da relixiosidade popular
Salvador Rodríguez Becerra, Universidade de Sevilla
10:30 h - Notas de relixiosidade popular galega a partir de exemplos do APOI do Museo do Pobo Galego
José Manuel González Reboredo, etnógrafo
11:15 h - Descanso
11:45 h - As romarías de Galicia: imaxes e símbolos
José Ramón Mariño Ferro, antropólogo cultural
12:30 h - Aproximación aos cintos máxicos. Entre a relixión e a superstición na profilaxe infantil
Susana González, Centro de Arte FMJJ
13:15 h - Os santos das catacumbas en Galicia: historia e devoción
Clodio González Pérez, mestre, etnógrafo e historiador
Sesión de tarde (16:00 a 20:00 h)
16:00 h - Os exvotos en Galicia: o pasado e o presente. O futuro?
José Fuentes Alende, investigador, ex secretario técnico do Museo de Pontevedra
16:45 h – Fabricación e venda de exvotos de cera
Joaquín Diéguez Quintas, cereiro
17:30 h - Descanso
18:00 h – A relixiosidade popular desde a súa raíz teolóxica
Andrés Torres Queiruga, sacerdote, teólogo e escritor
18:45 h - Mesa redonda
Modera: Erea Castro Alfonso, conservadora de fondos etnográficos, Museo de Pontevedra