null Xeiras do Deza - Dozon

No verán de 1928 comeza oficialmente o estudo das terras de Deza por parte do Seminario de Estudos Galegos, unha xeira á que concorrerían todas as súas seccións. Será a igrexa de San Pedro de Vilanova a primeira en ser obxecto de estudo por parte dos seus membros.
Os seminaristas chegan a terras de Deza o 24 de xuño e ese mesmo día visitan este mosteiro, un magnífico exemplar do románico do século xii. Sabemos que o volveron visitar, cando menos, noutra ocasión, o 26 de xuño de 1930.

Se ben o estudo do románico en terras de Deza acabaría centrándose nas extensas parroquias de Lalín, tres esgrevios monumentos encadrarían o románico dezán: o mosteiro de Carboeiro en Silleda, o de Camanzo en Vila de Cruces e o que agora nos ocupa, o mosteiro de San Pedro de Vilanova de Dozón.

Imaxes

Fachada lateral e antigas dependencias monásticas. San Pedro de Vilanova de Dozón. FV346.15
Fachada lateral e antigas dependencias monásticas. San Pedro de Vilanova de Dozón. FV346.15
Álbum Terra de Deza. P2C4-1
Álbum Terra de Deza. P2C4-1
Capela maior. San Pedro de Vilanova de Dozón. FV262-6
Columnas da fachada principal. San Pedro de Vilanova de Dozón. FV346.15
Dozón. Bosquexo da planta. Fvar, 261-7
Dozón. Planta. FV261-7
Dozón. Planta. FV261-12
Fachada lateral e ábsida. San Pedro de Vilanova de Dozón. FV346.15
Fachada. San Pedro de Vilanova de Dozón. FV346.15
Imaxe de san Pedro. San Pedro de Vilanova de Dozón. FV346.15
Inscrición. Álbum Terra de Deza. P2C4.1
Muro lateral. San Pedro de Vilanova de Dozón. FV346-15
Ábsida. San Pedro de Vilanova de Dozón. FV346.15
Portada da fachada lateral. San Pedro de Vilanova de Dozón. FV346.15
Imaxe. San Pedro de Vilanova de Dozón. FV346.15
Portada da fachada. San Pedro de Vilanova de Dozón. FV346.15
Vista xeral de San Pedro de Vilanova de Dozón. FV346.15