Día dos Museos: SanArte. A arte como ferramenta para a saúde

Xoves 18 de maio, de 10 a 13 h, na Residencia da Terceira Idade de Campolongo

O Museo de Pontevedra celebra o 18 de maio, Día Internacional dos Museos, cunha programación arredor do tema deste ano: ‘Museos, sostibilidade e benestar’.

Con ese motivo, organiza unha exposición itinerante de reproducións de obras de arte do Museo, para o diálogo e a interacción con colectivos en risco de illamento social. O xoves 18 de maio, de 10 a 13 h, a actividade desenvolverase na Residencia da Terceira Idade de Campolongo. A consultora e formadora en Interpretación do Patrimonio, Isabel Fernández Domínguez, acompañará ás persoas usuarias do texto para interpretar con elas as obras da colección do Museo reproducidas na exposición itinerante.

O obxectivo da actividade é empregar a arte como ferramenta de benestar, a través dunha escolma de obras de artistas como Carlos Maside, Fernando Álvarez de Sotomayor, Eliseo Meifrén, Castelao, Luis Seoane ou Maruja Mallo, que recollen aspectos sobre benestar e equilibrio coa natureza. 

Vídeos