Obradoiros de Nadal no Museo

23, 26 e 30 de decembro e 2 de xaneiro, de 11:30 a 13:30 h, no Edificio Castelao

obradoiros de nadal

O Museo de Pontevedra organiza catro obradoiros para os días de Nadal, dirixidos a nenas e nenos de 5 a 12 anos. Cada día desenvolverase un obradoiro diferente, con 15 prazas cada un.

Inscricións: a partir do mércores 10 de decembro, ás 10:00 h, no formulario que estará dispoñible mesma páxina.

Os obradoiros serán impartidos polo Comité Ilustrado, un colectivo formado por Míchel Casado e Sofía Venzel. O punto de partida é a exposición Debuxar coa luz. A fotografía en Pontevedra no século xix, presente no Museo de Pontevedra a partir do 19 de decembro.

OBRADOIROS

  • Martes 23 de decembro: Publicidade Improbable. A partir de anuncios publicitarios do século xix, mergullarémonos nun mundo de produtos imposibles, linguaxes infladas e creatividade sen freo.
  • Venres 26 de decembro: Pontevedra Remix. As fotografías da exposición permítennos comparar como se transformou a cidade. Compararémolas con fotos de hoxe en día dos mesmos lugares e crearemos colaxes híbridas, mesturando imaxes antigas e actuais.
  • Martes 30 de decembro: Retratos Enredados. Exploraremos a identidade, a memoria visual e o humor a través da creación de personaxes híbridas que parten de figuras relevantes da Pontevedra do século xix.
  • Venres 2 de xaneiro: O Xornal de Aninovo. Encargarémonos de ilustrar o primeiro xornal do ano 2026 ao estilo dun periódico do século xix, coas súas noticias, fotos e anuncios.