Presentación de ‘Obra de 660 pliegos’ de Martín Sarmiento

Martes 7 de marzo ás 19 h, coa intervención de Henrique Monteagudo e María Álvarez Lires

Simposio Sarmiento

Presentación dos cinco volumes que forman a edición que o Consello da Cultura Galega e o CSIC veñen de facer de De historia natural y de todo género de erudición. Obra de 660 pliegos. Trátase dos cinco tomos da Colección Medina Sidonia, a compilación máis ampla dos seus escritos. A publicación consta da transcrición íntegra dos tomos xunto coa reprodución das figuras e debuxos que se atopan no orixinal. O quinto volume, que ve agora a luz, correspóndese co tomo que se custodia no propio Museo de Pontevedra.

Na presentación do libro intervirán o coordinador, Henrique Monteagudo, e a investigadora María Álvarez Lires.