Ao Son do Piano. Rafa Fernández Cuarteto

Mércores 26 de marzo, ás 19 h, no Edificio Castelao

Rafa Fernández Cuarteto

A guitarra eléctrica de Rafa Fernández, a arpa de Bleuenn Lefriecc, o óboe e o corno inglés de Benxamín Otero e o piano e os sintetizadores de Álex Salgueiro ofrecen unha exquisita mestura de sonoridades ambientais contemporáneas.

O concerto pecha a segunda edición do ciclo Ao Son do Piano, no que no mes de marzo formacións acústicas ofrecen as súas propostas musicais arredor do piano de cola do Museo.

Neste proxecto do guitarrista noiés Rafa Fernández atopamos unha exquisita mestura de sonoridades tanto acústicas coma eléctricas nun contexto de música ambiental e contemporánea, xéneros nos que este guitarrista leva máis de dez anos sendo unha das súas principais figuras no territorio galego.

Neste concerto repasaranse temas de traballos discográficos como Aldán ou A cara bonita da pedra, así como músicas escritas para diferentes proxectos audiovisuais cos que este músico percorreu gran número de escenarios na súa longa traxectoria.