News - Museo de Pontevedra
News
-
Os proxectos compartidos entre museos e institucións educativas protagonizaron as III Xornadas sobre Educación Patrimonial
A directora do Museo, Ángeles Tilve, destacou que as xornadas “pretenden ser un foro no que intercambiar experiencias e propostas”
15/12/2023
-
A programación de nadal do Museo inclúe concertos, cine infantil, obradoiros, exposicións e unha postal conmemorativa
O Museo de Pontevedra arranca a súa programación de nadal, con concertos e recitais de centros educativos especializados da cidade, un ciclo de cine infantil con seis longametraxes de animación galega e un obradoiro de ilustración con quendas diarias nas semanas centrais do nadal, ademais de dúas exposicións abertas nestas datas no Edificio Castelao. A isto únese a edición dunha postal de nadal que poderán recoller as persoas que visiten o Museo nestas datas.
11/12/2023
-
O Museo publica na súa web un mapa interactivo coas notas recollidas polo Seminario de Estudos Galegos nas xeiras de Deza
O Museo pon a disposición da cidadanía as transcricións dos cadernos de Xosé Filgueira Valverde e Sebastián González García-Paz sobre o patrimonio artístico de 70 parroquias de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces
05/12/2023
-
O Museo de Pontevedra recibe 68 obras de Leopoldo Nóvoa doadas pola súa viúva, Susana Carlson
A doazón inclúe lenzos, pinturas sobre papel, gravados e libros, realizados entre 1987 e 2010
30/11/2023
-
O Encontro de Conservación e Restauración convida a repensar as prácticas dos museos para reducir o seu impacto ambiental
As intervencións na sesión matinal da primeira xornada poñen o foco na importancia das pequenas accións de sentido común e no cuestionamento das prácticas habituais
23/11/2023
-
O Museo incorpora á exposición permanente unha espléndida vista de Pontevedra de Eliseo Meifrén cedida en depósito polo Prado
‘Oraciones (Pontevedra)’, que obtivo a primeira medalla na Exposición Nacional de 1906, completa o conxunto de pinturas do impresionista catalán no Museo, con varias obras resultado da súa estancia na cidade en 1904
21/11/2023