Programa - Museo de Pontevedra
PROGRAMA
MARTES 8 DE XULLO
- De 18:00 a 18:30 h Encontro e acreditacións
- De 18:30 a 19:00 h Benvida e presentación das xornadas a cargo de Ángeles Tilve Jar, directora do Museo de Pontevedra, e Carmen Gaitán Salinas, directora das xornadas e investigadora principal do I+D+i “Hacedoras de Cultura: conexiones e intercambios artísticos transatlánticos en el siglo XX" (PID2022-142633OA-I00)
- De 19:00 a 20:00 h "Chile e España: tres momentos. Unha lectura desde os feminismos" Conferencia inaugural de Gloria Cortés Aliaga, Museo Nacional de Belas Artes de Chile.
- De 20:00 a 21:00 h Concerto de Paulina y el Buscapié (Oaxaca, México)
MÉRCORES 9 DE XULLO
- De 10:30 a 12:15 h Mesa 1: Artes visuais
“Julia Minguillón, pintora lucense. Periplo artístico e vital en Guatemala”
María Fidalgo Casares, Universidade de Sevilla e Real Academia de San Fernando Cádiz
“Tres surrealistas europeas exiliadas: esoterismo, misticismo, chamanismo e interese nas expresións culturais amerindias”
Ute Seydel, Universidade Nacional Autónoma de México
“A colaxe: a práctica transatlántica de Amparo Segarra”
Carmen Gaitán Salinas, Instituto de Historia do CSIC
Moderadora: Sol Izquierdo
- De 12:15 a 12:45 h Café no Museo
- De 12:45 a 13:45 h “ÑAMPAQ ÑAWI, QHIPAQ ÑAWI: memoria, afecto e reparación". Conversa con Violeta Quispe Yupari, artista da Bienal de Pontevedra, e Agar Ledo, comisaria adxunta da Bienal de Pontevedra
- De 16:00 a 17:45 h Mesa 2: Cruzamentos
“Trazos a nado no Atlántico: Ángeles Santos e Norah Borges na Idade de Prata”
David Solórzano, Universidade de Castela-A Mancha
“Tecer refuxio: Diálogos transatlánticos na arte do exilio”
Sol Izquierdo, Universidade Complutense de Madrid
“Experiencias culturais das galegas galegas Luísa Viqueira, María Valverde e Carmiña Sierra no exilio”
Aurora Marco, Universidade de Santiago de Compostela
Moderador: Michel Otayek
- De 18:00 a 20:00 h Percorrido crítico no Museo de Pontevedra e taller de arpilleras
Grupo 1: percorrido crítico con Diana Duo Ramila, Museo de Pontevedra: “Facedoras na colección do Museo de Pontevedra”
Grupo 2: taller de arpilleras con Bea Lema (Premio Nacional de Cómic 2024)
XOVES 10 DE XULLO
- De 10:30 a 12:15 h Mesa 3: Música e arte sonora
“Obdulia Prieto Nespereira: a ‘fecunda promesa’ musical da Galicia dos anos vinte”
Montserrat Capelán, Universidade de Santiago de Compostela
“Educación musical no Lyceum Club da Habana (1930-1950)”
Mónica Monmeneu González, Instituto Universitario Europeo (Florencia)
“Políticas sonoras. O teatro para escoitar de Leni Alexander”
Blanca Gutiérrez Lobato, Instituto de Historia do CSIC
Moderador: Samuel Diz
- De 12:15 a 12:45 h Café no Museo
- De 12:45 a 14:30 h Mesa 4: Arquivos e coleccións
“Legados documentais do exilio republicano español no continente americano: retos e desafíos de preservación”
Samuel Diz, Residencia de Estudantes
“Nostalxia do perdido, asombro polo atopado: reflexións sobre o legado fotográfico de Kati Horna”
Michel Otayek, Universidade de Hannover
“O Museo de Pontevedra: luces e sombras na recuperación das coleccións do exilio galego”
Ángeles Tilve Jar, Museo de Pontevedra
Moderadora: Mónica Monmeneu
- De 16:30 a 18:30 h Percorrido crítico no Museo de Pontevedra e taller de arpilleras.
Grupo 1: taller de arpilleras con Bea Lema (Premio Nacional de Cómic 2024).
Grupo 2: percorrido crítico con Diana Duo Ramila, Museo de Pontevedra: “Facedoras na colección do Museo de Pontevedra”
- Ás 19:00 h ”Entre beiras e materias”, conversa coa artista Gloria García Lorca e Carmen Gaitán Salinas, Instituto de Historia do CSIC
- Ás 20:00 h Peche
Stay informed about our events and activities
I WANT TO RECEIVE INFORMATION