Rodís
Filgueira Valverde describe nas súas notas a visita á parroquia de Rodís ata en dúas ocasións: unha primeira o xoves 28 de xuño de 1928, na que os seminaristas se centraron en tomar notas sobre a igrexa de San Xiao; e o xoves 4 de xullo de 1935, na que afondaron no estudo do pazo de Palio.