null Xeiras do Deza - Loson

A parroquia de Santa Baia de Losón foi obxecto de estudo pormenorizado por parte dos membros do seminario durante as súas xeiras. Temos constancia de, polo menos, dúas visitas: o xoves 28 de xuño de 1928 e o martes 26 de xuño de 1934. Nelas tomaron notas da igrexa de Santa Baia e do santuario do Corpiño, lugar de peregrinación que reúne cada ano miles de romeiras e romeiros devotos da Virxe. Preto está a parroquia de San Pedro de Losón, aínda que pertence ao concello de Vila de Cruces.

Images

Losón. Muller con bolas de pan. FV262-3
O Corpiño. Entrada ao Corpiño. Sebastián González, 3-27
O Corpiño. Fachada. FV262-6
O Corpiño. Lateral da portada do Corpiño. Sebastián González, 3-27
O Corpiño. Portada do Corpiño. Sebastián González, 3-27
O Corpiño. Virxe do Corpiño. FV262-6
Losón. Capela maior de Santa Baia. FV262-6
Losón. Planta. FV261-7
Losón. Planta. FV262-6