Donramiro
Sábese que os seminaristas visitaron a igrexa de orixe románica de Santa María de Donramiro por primeira vez o mércores 27 de xuño de 1928 e que volveron de novo o mércores 27 de xuño de 1934. Sebastián González recolleu, sobre todo, notas da portada románica, mentres que Filgueira se parou algo máis na descrición de imaxes e dos retablos barrocos e do neoclásico do interior do templo.
Concello: Lalín
Autor:
Xosé Filgueira Valverde
Images








