Visitas guiadas á exposición Castelao. A derradeira leición do mestre
Os mércores e os xoves, ás 18:00 h, e os sábados, ás 12:00 h
Visitas guiadas á exposición Castelao. A derradeira leición do mestre, que se exhibe no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra do 25 de xuño ao 27 de setembro de 2026.
A exposición está concibida como unha oportunidade para afondar no significado do lenzo que Castelao pintou en Bos Aires en 1945 e que se atopa en Pontevedra por primeira vez. É unha mostra pequena en dimensións pero grande en simbolismo, na que o cadro estará acompañado das pezas que lle dan o contexto adecuado para interpretalo: o debuxo do álbum de guerra Galicia mártir no que se baseou; edicións do propio álbum; o manuscrito Co pensamento en Galiza e a posterior primeira edición de Sempre en Galiza; ou a fotografía da celebración da Diada dos Mártires Galegos de 1945, noveno aniversario do fusilamento de Bóveda, cando se presentou a pintura.
Para participar na visita é necesario reservar previamente.