Estudos e reflexións sobre Patrimonio Cultural. Seminario en memoria da profesora Ana Goy Diz

Xoves 15 de xuño, de 16:00 a 19:30 h no Edificio Castelao

Edificio Castelao

Ribeira Sacra

O acceso ao seminario é libre. Entregaráselles un certificado de asistencia ás persoas que se inscriban ata o 13 de xuño en reservas.museo@depo.gal.  

O Seminario ‘Estudos e reflexións sobre o Patrimonio Cultural’, dedicado á memoria da profesora Ana Goy Diz, propón unha aproximación a diferentes aspectos relacionados co patrimonio cultural, campo de investigación no que a homenaxeada desenvolveu a súa traxectoria académica. A súa defensa do patrimonio galego, a súa investigación, xestión e protección, máis aló dos valores monumentais e histórico-artísticos, motiva os contidos destas xornadas, nas que participan persoas moi vinculadas á súa vida e traxectoria profesional.

O encontro abordará un problema central, o do valor do patrimonio como testemuño dunha memoria colectiva, e referencia, polo tanto, da identidade dunha comunidade que se constrúe socialmente. Este legado cultural, que consideramos irrenunciable, forma parte dun amplo contexto plural que está constituído, ao mesmo tempo, por un conxunto de valores que o particularizan e o distinguen. A responsabilidade da súa conservación e salvagarda implica necesariamente a súa identificación e estudo. Por outra banda, para a protección e conservación empregamos diferentes recursos e estratexias que poden garantir e preservar eses valores e a súa transmisión ás xeracións vindeiras.

 

PROGRAMA

  • 16:00 h. Presentación do seminario
    • José Manuel Rey. Director do Museo de Pontevedra
  • 16:15 h. Semblanza da homenaxeada
    • Diana Duo Ramila. Museo de Pontevedra / Universidade de Santiago de Compostela. Coordinadora do seminario

Sesión 1. Patrimonio, memoria e identidade

  • 16:30 h. Patrimonio con memoria e sabor de identidade. Ouro, prata, bronce, ferro, tamén aluminio e madeira no templo de San Xinés de Padriñán (Sanxenxo)
    • José Manuel García Iglesias. Universidade de Santiago de Compostela, Grupo de investigación Iacobus (GI-1907)
  • 16:45 h. Realidades entrelazadas. Os conceptos de patrimonio, memoria, identidade e lugar a través da Carta de Cracovia
    • Juan M. Monterroso Montero. Universidade de Santiago de Compostela, Grupo de investigación Iacobus (GI-1907)
  • 17:00 h. A representación do poder do bispo Fernando de Vellosillo no Lugo do século XVI: a Torre dos Signos
    • Marcos Gerardo Calles Lombao. Museo Diocesano Catedralicio de Lugo
  • 17:15 h. A 'pegada' do bispo frei Francisco Yzquierdo Tavira na cidade de Lugo durante a segunda metade do século XVIII
    • Jose Antonio Ferreiro Varela. Diócese de Lugo
  • 17:30 h. Pausa

Sesión 2. Protección e conservación do Patrimonio Cultural. Patrimonio sostible

  • 18:00 h. Aplicacións da investigación arquivística na Historia da Arte: a historiografía ao servizo da conservación do patrimonio artístico e da súa valoración social
    • Leopoldo Fernández Gasalla. Universidade de Santiago de Compostela, Grupo de investigación Iacobus (GI-1907)
  • 18:15 h. Cara á definición dunha paisaxe cultural. O aproveitamento da cunca alta do Tera
    • Begoña Fernández Rodríguez. Universidade de Santiago de Compostela, Grupo de investigación Iacobus (GI-1907)
  • 18:30 h. A investigación como ferramenta para a conservación e posta en valor patrimonial. O cuartel de San Fernando de Lugo
    • María Jesús Regueiro. Universidade de Santiago de Compostela, Academia de Enfermería de Galicia
  • 18:45 h. O septentrión de Galicia na UNESCO: da Torre de Hércules á Catedral de Mondoñedo
    • Carlos Andrés González Paz. Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC-Xunta de Galicia)
  • 19:00 h. A candidatura de Ribeira Sacra á Lista do Patrimonio Mundial
    • Mario Crecente Maseda. Universidade da Coruña / Crecente Asociados
  • 19:15 h. Clausura

 Resumo e notas biográficas

Videos