O Museo en Camiño, volta á ruta
Actividades en centros educativos de Barro, Catoira, Ponte Sampaio, Pontecesures e Cesantes. Setembro e outubro de 2022.
O museo en Camiño é un programa didáctico itinerante que pretende achegar o patrimonio do Museo Provincial de Pontevedra ao alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria de cinco poboacións no Camiño portugués:
- 16 de setembro. Barro. CEIP Amor Ruibal
- 21 de setembro. Catoira. CPI de Progreso
- 29 de setembro. Pontecesures. CPI de Pontecesures
- 3 de outubro. Ponte Sampaio. CEIP de Ponte Sampaio
- 11 de outubro. Cesantes. CEIP Outeiro das Penas
O alumnado recibe a visita de Raquel Queizás, que fai unha representación teatral baseada nunha escolma de pezas significativas da colección do Museo. Dunha maneira innovadora, a rapazada achégase a un anaco de patrimonio que viaxa pola ruta xacobea para poñelos en contacto con partes da súa propia historia que descoñecen. O alumnado participante recibe un prego didáctico ilustrado con información do Camiño de Santiago e do patrimonio máis representativo do Museo de Pontevedra.
O proxecto é unha iniciativa de taller abierto e Paspallás en colaboración co Museo de Pontevedra. Forma parte do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia.
documentos
-
Unidade didáctica 1. O enigma dos petróglifos de Poio
-
Unidade didáctica 2. De ourives e tesouros
-
Unidade didáctica 3. O dobre e a idea dos contrarios
-
Unidade didáctica 4. Todos os caminos me levan a Santiago
-
Unidade didáctica 5. Unha historia en tres actos
-
Unidade didáctica 6. O meu peregrino
-
Unidade didáctica 7. As múltiples caras de min mesmo
-
Unidade didáctica 8. Os estampados de Maside
-
Unidade didáctica 9. Unha vila, un lugar, a mirada e un debuxo
-
Unidade didáctica 10. Ás cegas: reconstrución onírica e experimental
-
Unidade didáctica 11. Escenas rurais de repetición e movemento
-
Unidade didáctica 12. Composición dun retrato paroleiro