Crear Pontes: Encontro sobre Residencias Artísticas

Xoves 27 de novembro, de 10 a 18 h, no Edificio Castelao

Crear Pontes: Encontro sobre Residencias Artísticas

O Museo de Pontevedra participa nas xornadas Crear Pontes, un espazo de encontro e reflexión dirixido a profesionais da creación, da xestión cultural e da investigación, centrado na análise das residencias artísticas como motores de innovación, colaboración e transformación cultural e social.

As xornadas, que se desenvolverán en Pontevedra e Ponteareas, configúranse como un marco de diálogo aberto para repensar o papel das residencias artísticas como instrumentos de innovación, cooperación e transformación social.

O programa, articulado a través de relatorios, mesas de debate e dinámicas participativas, permitirá abordar cuestións chave coma os novos modelos de residencia, as redes institucionais e transfronteirizas, a profesionalización do talento artístico e o impacto cultural e territorial destes programas.

Estas sesións constitúen unha cita de especial interese para as persoas vinculadas á creación contemporánea, á xestión cultural e á investigación artística. A primeira delas terá lugar no Museo de Pontevedra o vindeiro 27 de novembro de 2025 e en Ponteareas levarase a cabo o 12 de decembro de 2025.

Programa e inscrición: https://portal.ponteareas.gal/crear-pontes/