Conferencia: “O Colectivo A Rula, un vínculo social coa arte rupestre”, Luis Leclere Rodríguez
Xoves 9 de outubro, ás 19:00 h, no Edificio Castelao
Conmemoramos o Día Internacional da Arte Rupestre con esta conferencia na que o presidente do Colectivo A Rula exporá as principais características do traballo desta asociación no eido da investigación, xestión e difusión do patrimonio rupestre galego.
A programación deste día completarase con actividades dirixidas ao público escolar na mañá do mesmo xoves 9 de outubro.
