Méixome
Os seminaristas visitaron o val no que se atopa a igrexa parroquial de Santiago de Méixome o martes 26 de xuño de 1934, e alí tomaron anotacións da súa planta e de varios detalles do exterior. Tamén chamou a súa atención a cruz procesional de prata.