Cercio
O xoves 28 de xuño de 1928 os seminaristas chegaron a Cercio, parroquia na que estudaron a fondo a pequena igrexa de Santa Baia de Palio, exemplar único do románico rural galego e a máis antiga do concello. A parroquia de Santa Baia de Palio existiu ata 1940, ano no que se repartiu entre Cercio e Rodís.