null Xeiras do Deza - Soutolongo

Os seminaristas visitaron en dúas ocasións a parroquia de Soutolongo, tal como se describe nos cadernos de campo de Filgueira Valverde e de Sebastián González García Paz: o mércores 27 de xuño de 1928 e o luns 25 de xuño de 1934.

Nestas visitas tomaron notas tanto da igrexa parroquial de Santa María, onde recolleron datos de elementos arquitectónicos e heráldicos e características de pezas de ourivería singulares, coma da súa cruz procesional.

Ademais, nesta parroquia estudaron os pazos de Des e Soutolongo, exemplares únicos dentro da comarca, e centráronse nos elementos do seu mobiliario e do seu enxoval doméstico.

Imaxes

Soutolongo. Posiblemente o pazo de Infantóns FV262-3
Fachada de Santa María FV262-3
Pazo de Des. Bargueño FV262-3
Pazo de Des. Fachada FV262-3
Planta FV262-7.jpg"
Planta P2C4-1.jpg"
Álbum Terra de Deza P2C4-1.jpg"
Álbum Terra de Deza P2C4-1.jpg"