Ana Miralles, a sedución do grafito

Datas: 17/03/2023 - 09/04/2023
Localización: Edificio Sarmiento

Ana Miralles (Madrid, 1959) é unha das autoras españolas de BD de maior proxección internacional, que se iniciou no cómic underground e prosperou no erotismo, consagrándose definitivamente no mercado francés con obras de corte fantástico como Eva Medusa e especialmente coa serie Djinn. Xunto a Emilio Ruiz publica en Astiberri o libro infantil Wáluk, unha fábula ecoloxista, e Muraqqa. Na actualidade preparan unha BD titulada Ava, un relato ficcionado das 48 horas que pasou a estrela de cine en Río de Xaneiro, en 1954.

Esta exposición é un percorrido pola súa traxectoria e unha mostra do seu peculiar e artesanal proceso creativo. Nela podemos ver os primeiros bosquexos, as composicións de páxina, os debuxos preliminares e estudos de vestiario e attrezzo, así coma as tintas e artes finais coloreadas dun xeito moi coidadoso con acuarelas. Unha ocasión única de ver en directo a unha autora de BD que pulveriza récords coa venda de orixinais nas poxas de Christie’s París (en colaboración coa galería Daniel Maghen).


Xornadas profesionais BDra Gráfica

Venres 17 e sábado 18 de marzo no Edificio Castelao