A presenza invisible

Frascos de perfume art nouveau e art déco
Datas: 07/04/2022 - 12/06/2022
Localización: Edificio Castelao

As correntes artísticas do século  XX, especialmente o art nouveau e o art déco, foron determinantes na expansión e o éxito da industria do perfume, que viviu a súa época dourada coa evolución dos frascos, inicialmente xenéricos, en pezas creadas por artistas, deseñadores e vidreiros.

A exposición A presenza invisible reúne máis de 200 botellas, así como caixas e estoxos de perfumes, xabón ou pos de arroz, creadas entre 1896 e 1945, moitas delas convertidas hoxe en auténticas iconas das artes decorativas.

Trátase dunha selección de pezas que forman parte da colección de Afonso Oliveira, unha das máis importantes do mundo no seu ámbito e que está integrada por máis de 4.200 frascos históricos.

Os períodos art noveau e art déco, nos que se centra esta mostra, foron determinantes para a consolidación destas creacións, que influíron de forma rotunda no éxito dunha industria que entendera que o contedor para o perfume era tan importante como a propia fragrancia. Son, pois, un exemplo da época dourada que viviu a perfumería tras abandonar presentacións xenéricas, máis propias dos produtos farmacéuticos, e incorporar deseños procedentes de correntes artísticas innovadoras.


Visitas guiadas

Os xoves, ás 18:00 h.

Entrada libre

A presenza invisible. Frascos de perfume art nouveau e art déco
A presenza invisible
A presenza invisible
A presenza invisible
A presenza invisible
A presenza invisible