Un debuxo do Museo para o Día da Muller

08/03/2012
Museo de Pontevedra

A través desta caricatura conservada no Museo, o célebre ilustrador Fresno (Fernando Gómez-Pamo del Fresno) achégase ás reivindicacións feministas. Nela aparecen representadas cinco pioneiras na loita dos dereitos da muller en España. O artista amósanolas dunha forma grotesca, feas e esperpénticas, evidenciando así a súa crítica ao carácter reivindicativo destas mulleres.

Son, de esquerda a dereita, Victoria Kent, Beatriz Galindo, María Martínez Sierra, Aurora Riaño e Pilar Oñate. Xunto a elas, de pé, sitúase a caricatura dun home moi gordo, con bigote, en plena disertación. Trátase do doutor César Juarros.

O lector interesado pode encontrar neste enlace un amplo comentario sobre esta obra, a situación da muller e os personaxes que aparecen nela.

Mª Ángeles Tilve Jar