XIV Encontro de Conservación e Restauración. O Cal no Patrimonio Cultural
Xoves 20 e venres 21 de novembro de 2025, no Edificio Castelao
A nova edición do encontro xuntará persoas expertas de España, México e Italia para abordar desde diferentes ángulos a presenza do cal no patrimonio histórico e artístico: a súa historia, as técnicas e oficios, o método do esgrafiado, o uso de morteiros, a conservación e restauración de pinturas murais e relevos escultóricos etc.
Máis información e inscricións en https://museo.depo.gal/encontro-conservacion-restauracion
