Obradoiros de Verán 2022
Do 20 ao 27 de xuño estará aberto o prazo de inscrición para os obradoiros de verán do Museo cunha proposta renovada de actividades para nenas e nenos entre 6 e 12 anos. O Club dos Pinceis, Arte Rupestre, Pintura Contemporánea e Obxectivo Galicia, serán os catro obradoiros que nesta ocasión terá a oportunidade de explorar a cativada.
20/06/2022
Inscrición:
Farase a través da dirección de correo electrónico reservas.museo@depo.gal.
En cada correo só poderá inscribirse un ou unha participante.
Adxudicarase un obradoiro por nena ou neno por estrita orde de inscrición. No caso de que o obradoiro desexado xa estivese cuberto ou quedasen prazas vacantes noutros, poderase indicar na solicitude os outros obradoiros nos que se queira participar, poñéndoos por orde de preferencia.
OBRADOIROS
O club dos pinceis
Imparte: Leucoíña Pasea
As e os participantes experimentarán con diferentes formas de expresión plástica e coñecerán algunhas das mulleres artistas da nosa colección.
Número de participantes: 15
Duración: 4 sesións (4 días) en horario de 11h a 13 h
Do 5 ao 8 de xullo
Nenos/as de 6 a 9 anos
Do 12 ao 15 de xullo
Nenos/as de 10 a 12 anos
Arte rupestre
Imparte: Galipat
Con este obradoiro internarémonos no fabuloso mundo da arte rupestre.
Número de participantes: 15
Duración: 4 sesións (4 días) en horario de 11.30h a 13 h
Datas: do 19 ao 22 de xullo
Nenos/as de 6 a 9 anos
Datas: do 26 ao 29 de xullo
Nenos/as de 10 a 12 anos
Pintura contemporánea
Imparte: Lúa Gándara
Obradoiro infantil de arte contemporánea no que partindo da obra de Maruja Mallo, Maria Antonia Dans, Almudena Fernández e Tatiana Medal exploraremos diferentes conceptos plásticos e conceptuais da pintura contemporánea.
Número de participantes: 15
Duración: 4 sesións (4 días) en horario de 11h a 13 h
Do 2 ao 5 de agosto
Nenos/as de 6 a 9 anos
Do 9 ao 12 de agosto
Nenos/as de 10 a 12 anos
Obxectivo Galicia
Imparte: departamento de Educación do Museo de Pontevedra
En relación coa exposición de fotografía de Ruth Matilda Anderson, que terá lugar do 4 de agosto ao 23 de outubro, a cativada coñecerá diferentes elementos da cultura galega como a vestimenta ou a artesanía.
Número de participantes:15
Duración: 4 sesións (4 días) en horario de 11h a 13 h
Do 16 ao 19 de agosto
Nenos/as de 6 a 9 anos
Do 23 ao 26 de agosto
Nenos/as de 10 a 12 anos