Gromos. Concerto
O cuarteto Gromos, dirixido polo pianista Abe Rábade, amosará no concerto que ofrecerá o venres día 6, ás 21:00 h, nas Ruínas de San Domingos, un mapa sonoro en torno ás especies vexetais de Galicia guiando ao oínte por un bosque mixto no que converxen o jazz contemporáneo, a tradición musical galega e a orquestración colorista.
04/05/2022
O repertorio desta banda está integrado por composicións orixinais de Abe Rábade, cun pé no jazz, outro na música tradicional galega e outro nun concepto aglutinador que deu orixe a todo o traballo compositivo sobre as especies vexetais galegas, de xeito que cada peza está dedicada a unha árbore, froita, semente ou conxunto de especies.
Con Abe Rábade ao piano, Jimena Andión ao cello, Pablo Martín Caminero ao contrabaixo e a voz e percusión de Davide Salvado, Gromos fundirá o rural co urbano nunha actuación que estará aberta ao público ata completar a capacidade.