Día da Muller

Con motivo da celebración do Día da Muller, o edificio Castelao albergará distintas actividades dirixidas a un público de todas as idades. As propostas comezarán o propio 8 de marzo coas visitas comentadas Artistas Visibles, un percorrido duns 45 minutos de duración polas obras das creadoras que forman parte da colección deste museo. Os itinerarios, que se celebrarán ás 18:00 h, estenderanse ao longo dos días 8, 9, 10 e 11.

22/02/2022

O mércores, día 9, a Compañía Eléctrica representará a obra Carabranca destinada ás alumnas e os alumnos de 1º e 2º curso de Educación Primaria, ofrecendo dous pases, un ás 10:30 h e outro ás 12:00 h. Os centros escolares que queiran participar deberán enviar un correo electrónico a reservas.museo@depo.gal, indicando a hora de preferencia e o número de asistentes. 

Pola súa banda, Sara Sánchez, Soledad Penalta e Basilisa Fiestras protagonizarán o xoves 10, ás 19:00 h, o coloquio Aínda queda  moito  ferro!, moderado por Carmen Hermo, no que analizarán a situación das mulleres no mundo das artes.

A programación conmemorativa concluirá o venres 11 coa obra de teatro Matrioskas, a cargo de Marta Ortiz e Sofía Espiñeira. Será ás 19:00 h e estará dirixida ao público adulto, que deberá inscribirse previamente a través de reservas.museo@depo.gal