José Suárez
A mostra antolóxica José Suárez. 1902-1974, que poderá visitarse no edificio Castelao (antes Sexto Edificio) do 2 de marzo ao 18 de abril, recolle a obra dun dos máis vangardistas e orixinais fotógrafos galegos do século XX.
Xunto a selección de 150 fotografías amósase un número importante de cartas, documentos, libros e catálogos que axudan a dar unha visión de conxunto da súa actividade profesional.
Esta proposta expositiva, comisariada por Xosé Luis Suárez Canal e Manolo Sendón, está dividida en tres sección nas que se recolle as fotografías de campesiños e mariñeiros galegos realizadas nos anos 30, a súa etapa no exilio, na que compatibiliza fotografía e cine e o seu retorno a Galicia en 1959.