Durante a época de restricións debidas á pandemia da Covid-19, o Museo de Pontevedra elaborou unha serie de vídeos nos que o persoal desta institución explica obras ou coleccións expostas no Edificio Castelao e no Edificio Sarmiento.
Nesta visita, José Luis Ageitos Míguez, do departamento de Educación, fálanos da icónica autocaricatura de Castelao, situada na entrada das salas dedicadas ao artista e intelectual galeguista.
José Luis Ageitos Míguez