Visitas guiadas ao convento de Santa Clara
Domingos 17, 24 e 31 de maio e 7 e 14 de xuño, ás 12:00 h
Unha aproximación á historia do convento mentres se percorre a igrexa, o coro baixo, a sancristía e parte da horta, a cargo do equipo de Educación do Museo de Pontevedra.
Entrada gratuíta, reserva previa obrigatoria a partir do xoves 14 de maio ás 9:00 h desde esta mesma páxina.
Duración: unha hora, aproximadamente.
No percorrido non se inclúen as dependencias conventuais, o xardín do claustro nin a parte da horta afectada polas catas arqueolóxicas.
Fundado a finais do século XIII, o convento de Santa Clara é un conxunto de edificacións e espazos exteriores que cobren unha área de máis de 12.000 m² no centro de Pontevedra. Foi fogar de monxas clarisas ata 2017. En 2021 adquiriuno o Concello, que en xaneiro de 2023 o cedeu á Deputación de Pontevedra, converténdose na sétima sede do Museo de Pontevedra.
