Visitas guiadas á exposición San Sebastián, corpo de beleza e dor co comisario, Xosé Manuel Buxán
Xoves 26 de febreiro e 12 e 26 de marzo de 2026, ás 18:00 h no Edificio Castelao
Visitas guiadas á exposición San Sebastián, corpo de beleza e dor. Unha paixón privada, que se exhibe no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra ata o 5 de abril de 2026. Conducirá a visita un dos comisarios da mostra, o profesor e decano da Facultade de Belas Artes de Pontevedra Xosé Manuel Buxán Bran.
A mostra reúne 77 gravados que van do Renacemento do século XVI ata as vangardas e a contemporaneidade do século XX, cunha presenza destacada de estampa barroca dos séculos XVII e XVIII. Isto complétase coa presenza da imaxe de San Sebastián na cultura e na sociedade actuais, a través de capas de libros, discos e revistas, deseños de camisetas, perfumes ou elementos publicitarios.
Con reserva previa a través deste formulario.