Tinta do mar, pequena biografía de Luísa Villalta
Contacontos para centros escolares, os días 2, 3 e 7 de maio
Para conmemorar o Día das Letras Galegas, o Museo de Pontevedra organiza contacontos ilustrados sobre a escritora homenaxeada este ano, Luísa Villalta. A actividade, desenvolvida por Polo Correo do Vento, está deseñada para o público escolar, a partir de cuarto de primaria. Busca poñer en valor a figura da autora relacionándoa cos fondos existentes no museo.
Mentres o narrador trata a biografía adaptada de Luísa Villalta, o ilustrador crea un mural relacionado. Na segunda parte da actividade realizarase un obradoiro de debuxo, no que, seguindo as instrucións do ilustrador, o alumnado fará unha caricatura de Luísa Villalta.