Seminario Museos, Feminismos, Canon: Xornada Monográfica sobre Maruja Mallo

Venres 30 de xaneiro de 2026, de 10 a 14 h, no Edificio Castelao

Este seminario, centrado en revisar os estereotipos de xénero na arte e as lecturas sobre o rol da muller na historia e no presente, chega á súa cuarta edición para poñer o foco sobre Maruja Mallo.

Contará coas conferencias de Estrella de Diego, investigadora de referencia sobre a teoría de xénero e os estudos culturais poscoloniais e a construción de identidades na modernidade, profesora da Universidade Complutense, autora do libro Maruja Mallo (Fundación Mapfre, 2008) e integrante do equipo responsable do catálogo razoado de óleos de Maruja Mallo publicado en 2021; e Patricia Molins, membro do Departamento de Exposicións do Museo Reina Sofía e comisaria da exposición sobre Maruja Mallo no Centro Botín que agora se pode ver no mencionado museo.

Alumnado das universidades de Vigo e Santiago de Compostela presentará comunicacións relacionadas coa artista.

O acceso ao seminario é libre. Entregaráselles un certificado de asistencia ás persoas que se inscriban previamente en reservas.museo@depo.gal.

PROGRAMA

  • 10:00 h. Presentación
  • 10:15 h. Estrella de Diego: “Por que as mulleres pintoras se chaman sempre ‘surrealistas’? O caso de Maruja Mallo”
  • 11:00 h. Patricia Molins: “Imaxinarios de Maruja Mallo”
  • 11:45 h. Pausa para o café
  • 12:15 h. Comunicacións:
    • Ylenia González Garrido (Universidade de Santiago de Compostela): “Nomear para existir: ruído, silencio e distorsión na construción da memoria pública de Maruja Mallo”
    • Jackeline E. Fernández Macías (Universidade de Vigo): “Metamorfose identitaria nas máscaras de Maruja Mallo e do Entroido”
    • Jacobo Bugarín Osorio (Universidade de Vigo): “Coreografías do convivir: mans, xestos e orientacións na obra de Maruja Mallo”
    • Antonio Doñate Mañeru (Universidade de Vigo): “As cubertas de Maruja Mallo: un percorrido polas achegas artísticas nas revistas culturais da preguerra”
    • África Martínez Barreiro (Universidade de Vigo): “Unha aproximación ao potencial educativo da obra de Maruja Mallo: vangarda, xeometría e feminismo no contexto da educación artística de primaria”
    • Sofía Nieto Recio (Universidade de Vigo): “Pintar, vestir, renacer: o legado de Maruja Mallo na moda de Carmen17”
  • 13:15 h. Debate