Seminario Museos, Feminismos, Canon: Xornada Monográfica sobre Maruja Mallo

Venres 30 de xaneiro de 2026, de 10 a 14 h, no Edificio Castelao

Este seminario, centrado en revisar os estereotipos de xénero na arte e as lecturas sobre o rol da muller na historia e no presente, chega á súa cuarta edición para poñer o foco sobre Maruja Mallo.

Contará coas conferencias de Estrella de Diego, investigadora de referencia sobre a teoría de xénero e os estudos culturais poscoloniais e a construción de identidades na modernidade, profesora da Universidade Complutense, autora do libro Maruja Mallo (Fundación Mapfre, 2008) e integrante do equipo responsable do catálogo razoado de óleos de Maruja Mallo publicado en 2021; e Patricia Molins, membro do Departamento de Exposicións do Museo Reina Sofía e comisaria da exposición sobre Maruja Mallo no Centro Botín que agora se pode ver no mencionado museo.

Alumnado das universidades de Vigo e Santiago de Compostela presentará comunicacións relacionadas coa artista.

O acceso ao seminario é libre. Entregaráselles un certificado de asistencia ás persoas que se inscriban previamente en reservas.museo@depo.gal.

 

PROGRAMA

 

  • 10:00 h. Presentación
  • 10:15 h. Conferencia de Estrella de Diego
  • 11:00 h. Conferencia de Patricia Molins
  • 11:45 h. Pausa para o café
  • 12:15 h. Comunicacións:
    • Ylenia González (Universidade de Santiago de Compostela)
    • Jackeline Fernández (Universidade de Vigo)
    • Jacobo Bugarín (Universidade de Vigo)
    • Antonio Doñate (Universidade de Vigo)
    • África Martínez (Universidade de Vigo)
    • Sofía Nieto (Universidade de Vigo)
  • 13:15 h. Debate