Olladas Musicais. Audicións Comentadas
Os mércores 8, 22 e 29 de abril e 13 e 20 de maio, ás 19:00 h, no Edificio Castelao
Curso dirixido a público adulto interesado pola música clásica para promover o aprecio e a comprensión da música clásica a través de charlas interactivas e audicións comentadas de obras clave da historia da música.
Impartido por Sara Domínguez Lloria, titulada superior en Música na especialidade de Piano e con mestrados en Teatro e Artes Escénicas e en Dirección e Xestión de Centros Educativos, incluirá sesións con música en directo para traballar desde a apreciación musical.
Estas sesións abranguerán desde conferencias interactivas con presentacións visuais das obras de arte ata exemplos musicais destacados do repertorio seleccionado. A través da escoita activa, o obxectivo é que as e os participantes poidan explorar a conexión entre a música e os diferentes conceptos propostos nas sesións.
Programa
- 8 de abril. Música para o último limiar: obras que fixeron da morte a súa inspiración.
- 22 de abril. Música con nome e apelidos.
- 29 de abril. Voces inmortais: que esconden? (con música en directo).
- 13 de maio. O piano: un instrumento universal.
- 20 de maio. Manuel Quiroga: o violín atlántico que conquistou o mundo (con música en directo).
