Obradoiros de tecnoloxía prehistórica polo Día Europeo da Arte Rupestre
O 5 de outubro desenvolveranse dous obradoiros dirixidos a centros escolares e un dirixido a familias ás 17.30 horas.
Os obradoiros sobre tecnoloxía prehistórica e arqueoloxía experimental serán impartidos por José Aurelio García Munúa, arqueólogo experimental e responsable de actividades das Covas Prehistóricas de Cantabria.
- 10.30 h. A natureza, o supermercado da prehistoria. Dirixido a centros escolares.
- 12.00 h. O primeiro graffiti. Dirixido a centros escolares.
- 17.30 h. Pel para vestir e moito máis. Dirixido a familias con nenas e nenos a partir de 8 anos. Inscrición en educacion.museo@depo.gal.
O obradoiro ‘Pel para vestir e moito máis’ explicará como a caza era no Paleolítico superior un recurso de primeira orde, no que se aproveitaba integramente as pezas cazadas. Para iso as persoas adultas e menores participantes montarán un bastidor cunha pel de cervo.
