Obradoiros de Entroido: Retrato Iluminado

Martes 17 e mércores 18 de febreiro de 2026, de 11:30 a 13:30 h, no Edificio Castelao.

Obradoiros para nenas e nenos de 7 a 12 anos, co obxectivo de que coñezan as orixes da fotografía e contemplen a cidade decimonónica a través da exposición Debuxar coa luz. A fotografía en Pontevedra no século XIX.

En primeiro lugar, realizarase unha visita á exposición, onde as e os participantes terán que atopar nas fotografías aqueles elementos construtivos que desapareceron da nosa paisaxe urbana e as transformacións que se aprecian na actualidade.

Logo, tras unha breve explicación sobre a orixe da fotografía e da súa base na pintura, farase un retrato na liña dos que aparecen nas miniaturas (poses, vestimentas, adornos etc.) para despois decoralo cun marco ou un estoxo, simulando os daguerrotipos da época.

Hai 15 prazas dispoñibles para cada día. A inscrición poderá realizarse a partir do mércores 4 de febreiro, ás 10:00 h, a través do formulario accesible desde esta páxina.